Centro

lunes, 14 de julio de 2014

Oda ao verán

Son moitos os poemas dedicados ao verán, pero nós escollemos para despedirnos até setembro a "Oda al verano" de Pablo Neruda.

Oda al verano

Verano, violín rojo,
nube clara,
un zumbido
de sierra
o de cigarra
te precede,
el cielo
abovedado,
liso, luciente como
un ojo,
y bajo su mirada,
verano,
pez del cielo
infinito,
élitro lisonjero,
perezoso
letargo
barriguita
de abeja,
sol endiablado,
sol terrible y paterno,
sudoroso
como un buey trabajando,
sol seco
en la cabeza
como un inesperado
garrotoazo,
sol de la sed
andando
por la arena,
verano,
mar desierto,
el minero
de azufre
se llena
se llena
de sudor amarillo,
el aviador
recorre
rayo a rayo
el sol celeste,
sudor
negro
resbala
de la frente
a los ojos
en la mina
de Lota,
el minero
se restriega
la frente
negra,
arden
las sementeras,
cruje
el trigo,
insectos
azules
buscan
sombra,
tocan
la frescura,
sumergen
la cabeza
en un diamante.

Oh verano
abundante,
carro
de
manzanas
maduras,
boca
de fresa
en la verdura, labios
de ciruela salvaje,
caminos
de suave polvo
encima del polvo,
mediodía,
tambor
de cobre rojo,
y en la tarde
descansa
el fuego,
el aire
hace bailar
el trébol, entra
en la usina desierta,
sube
una estrella
fresca
por el cielo
sombrío,
crepita
sin quemarse
la noche
del verano. 

Pablo Neruda
Créditos da fotografía aquí.

lunes, 7 de julio de 2014

Espectaculares imaxes cósmicas

O ESO, European Southern Observatory, proporciónanos espectaculares imaxes cósmicas dentro do programa Cosmic Gems. Cómpre lembrar que a ESO é a principal organización astronómica intergubernamental de Europa.
Por outra banda, vimos de coñecer a través da BBC os finalistas do concurso Fotógrafo Astronómico do Real Observatorio de Greenwinch (Londres).

jueves, 3 de julio de 2014

Vídeo no blogue Pegadas musicais

No blogue Pegadas musicais, da compañía formada polo alumnado de 5º de EP do noso centro, podedes atopar o vídeo no que se recolle a representación da súa ópera, Segredo no faro, no teatro Jofre. De novo moitos parabéns ao profesorado e alumnado implicado nesta excelente e exitosa iniciativa.

lunes, 30 de junio de 2014

Feliz verán

Queremos desexarvos feliz verán a todos e despedirnos dende o blogue do alumnado de 4º de ESO que nos deixa e con quen compartimos un emotivo acto de fin de curso o pasado martes. Nós querémonos despedir deles e delas, aínda que confiamos en que nos veñan a visitar a miúdo, con dous poemas. Un, "Palabras para Julia" de José Agustín Goytisolo na versión musical de Paco Ibañez (porque xa sabemos que outras versións máis rockeiras sonvos máis coñecidas) e o outro, "Itaca", do poeta grego Konstantinos Kavafis na versión de Lluis Llach. Deixámosvos os dous vídeos e tamén  a primeira estrofa do poema de Kavafis na tradución do grego de Yolanda Vilarchao que podemos atopar no libro Poemas canónicos publicado por Rinoceronte.
Ítaca

Cando comeces a túa viaxe a Ítaca
pide que o camiño sexa longo,
pleno de aventuras, pleno de experiencias.
Aos Lestrigóns e aos Ciclopes,
ao irado Poseidón non temas:
nunca atoparás criaturas tales na túa ruta
se mantés o pensamento elevado, se unha 
selecta emoción o teu corpo e o teu espírito ilumina.
Aos Lestrigóns e aos Ciclopes,
ao feroz Poseidón non acharás.
Non, se non é a túa alma a que os alberga;
non, se non é ela a que chos mostra.

Ana María Matute sempre na lembranza

A pasada semana atopámonos coa nova do falecemento de Ana María Matute. Resulta difícil facerse á idea de que a autora de Primera memoria, Olvidado rei Gudú, El polizón de Ulises e tantos libros máis xa non vai estar entre nós, aínda que perviva para sempre a lembranza das súas novelas e dos seus relatos impregnados dun profundo lirismo.
Por certo, en Rede Lectura poderás atopar algunhas das súas obras dirixidas á infancia.
Créditos da fotografía aquí.

jueves, 19 de junio de 2014