Centro

jueves, 31 de marzo de 2016

Libros que van chegando: Fontán de Marcos Calveiro

É unha figura que me obsesiona dende que na adolescencia lin a Pedrayo: Eu, coma Adrian Solovio quedei deslumbrado polo seu mapa e pola súa figura, levo moitos anos tras a súa sombra.
 Marcos Calveiro

Compartimos con Marcos Calveiro a súa fascinación pola figura de Domingo Fontán; así que, estamos moi contentos de que xa figure no noso catálogo a novela coa que gañou a novena edición do IX Premio de Novela Breve Repsol. 



Unha novela biográfica de fondo histórico na que a ciencia tamén ten o seu "lugar", coma non podía ser doutra forma, tendo coma protagonista a ese "matemático sublime", en palabras de Suso de Toro, que foi o pontevedrés nacido en Porta do Conde (Portas). 


Marzo de poesía XI: Shakespeare


William Shakespeare, o famoso dramaturgo inglés de cuxa morte se cumpren catrocentos anos, foi un excelente poeta tal e coma amosa nos seus famosos sonetos. Por certo, debes ter en conta que o soneto inglés difire dos nosos, posto que está composto por tres serventesios e un pareado final. 
Escollemos para hoxe o número 116 na tradución de Ramón Gutiérrez Izquierdo:
Que nunca máis no enlace leal de dúas almas  
admita impedimentos. Non sente amor bastante
quen muda decontado se ve que hai mudanzas,
ou tende a distanciarse de quen está distante.

¡Oh, non! o amor é faro por sempre inalterable,
que observa a tempestade e nunca se intimida,
estrela sempre fixa que guía o barco errante,
da que o valor se ignora por alto que se mida.

Co amor non xoga o tempo, aínda que as fazulas
e labios mozos segue a fouce máis severa;
coas horas e semanas o amor non se demuda,
pois ata a fin dos días resiste e persevera.

Se a min poden probarme que nisto ando errado,
eu nada levo escrito, ninguén nunca foi amado.

 William Shakespeare

miércoles, 30 de marzo de 2016

Marzo de poesía X: recibimos a primavera con Manuel María

Este ano, como xa sabedes, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas é Manuel María. Queremos recibir esta primavera cun seu poema:

Están todas as carpazas
co lilailo da súa flor.
¡No corazón das rapazas
nacen cantigas de amor!

Hai ledicia verdadeira
nas flores e nas espiñas.
¡ Xa chegou a primaveira
no bico das anduriñas!

Manuel María, Terra Cha




Claude Monet, La primavera



martes, 29 de marzo de 2016

Día Mundial do Teatro 2016

"El teatro puede decirnos todo."
Anatoli Vasíliev
O  pasado 27 de marzo celebrouse o Día Mundial do Teatro. O instituto Internacional do Teatro convida todos os anos a un representante do mundo teatral a escribir unha mensaxe sobre esta efeméride. Este ano o elixido foi Anatoli Vasíliev e podedes ler a súa mensaxe aquí.
Outros recursos de interese:
 El teatro está frente a usted, no lo descuide y no se pierda la oportunidad de participar en él, tal vez la más preciosa oportunidad que tenemos en nuestras vanas y apresuradas vidas.
Anatoli Vasíliev



Créditos imaxe aquí.

lunes, 28 de marzo de 2016

Lembrando a Ángela Ruiz Robles

Hoxe o doodle de Google lémbranos a Ángela Ruiz Robles, a quen xa temos recordado neste blogue. Naceu en Villamanín (León) un 28 de marzo de 1895 e faleceu en Ferrol, cidade na que morou gran parte da súa vida, o 27 de outubro de 1975. En 1949 patentou a Enciclopedia Mecánica, considerada precursora do libro electrónico, que hoxe se pode ver na sede do MUNCYT na Coruña. 


Para saber máis:
Créditos da fotografía aquí.

viernes, 18 de marzo de 2016

Marzo de poesía IX: Día Mundial da Poesía

Las voces que transmiten la poesía contribuyen a realzar la diversidad lingüística y la libertad de expresión. Colaboran en el esfuerzo mundial en favor de la educación artística y la difusión de la cultura. A veces, la primera palabra de un poema es suficiente para recuperar la confianza ante la adversidad y encontrar el camino de la esperanza frente a la barbarie.

 Mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO,
con gallo do Día Mundial da Poesía.

O día 21 de marzo conmemoraremos o Día Mundial da Poesía. Unímonos a esta conmemoración coas entradas que titulamos "Marzo de poesía" e cunha pequena homenaxe ao poeta Rubén Darío, falecido o 6 de febreiro de 1916, que podedes atopar premendo aquí. 


Non queremos despedirnos sen lembrarvos algúns enlaces de interese sobre esta data:
Por certo, na imaxe podedes ver unha estatua romana do século II d.C. que representa a Erato, a musa da poesía. As musas, coma seguramente xa sabedes, eran as deidades que protexían as artes e as ciencias na mitoloxía grega.   
Créditos da imaxe aquí. 

jueves, 17 de marzo de 2016

Marzo de poesía VIII: Camões


Luís Vaz de Camões é un afamado poeta portugués de ascendencia galega que naceu cara 1524 e morreu en 1580. O autor dos famoso poema épico Os Lusíadas  é tamén un bo sonetista coma podedes comprobar:


Amor é fogo que arde sem se ver;
É ferida que dói e não se sente;
É um contentamento descontente
É dor que desatina sem doer;

É um não querer mais que bem querer;
É solitário andar por entre a gente;
É nunca contentar-se de contente;
É cuidar que se ganha em se perder;

É querer estar preso por vontade;
É servir a quem vence, o vencedor;
É ter com quem nos mata lealdade.

Mas como causar pode seu favor
Nos corações humanos amizade,
Se tão contrário a si é o mesmo amor?

 Camões

Por certo, non vos lembra a outro famoso soneto? Quizais, a un de Lope de Vega? Ambos os dous tentan describir o amor e ambos os dous o describen coma un sentimento contraditorio, un utilizando os paradoxos e outro as antíteses... Os dous beben na fonte do petrarquismo.