Centro

martes, 12 de julio de 2016

Agustín Fernández Paz: o home que coñecía a maxia das palabras e os fíos da memoria

Quizais as persoas esteamos feitas de recordos, quizais a nosa vida se asemelle a un pano tecido cos fíos da memoria, os mesmos que utilizo para construír as miñas novelas.
Agustín Fernández Paz, O rastro que deixamos
 
A mañá de hoxe tróuxonos unha triste nova: o falecemento do escritor Agustín Fernández Paz. Queremos lembrar a Agustín cuns anacos dun fermoso texto que escribiu para a conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e cun vídeo no que se recolle unha exposición  realizada na Biblioteca Agustín Fernández Paz do Instituto Basanta Silva de Vilalba (vila naquel naceu en 1947).


Un mundo de palabras

    Cando eu era neno, tiña na miña cama unha colcha feita con retallos de teas de diferentes texturas e cores: unha colcha de trapos. Lémbroa agora, despois de tantos anos, e volvo escoitar o estrondo das ondas e o ruído do vento nas velas, e sinto medo porque me atopo nunha selva chea de perigos, e contemplo abraiado un espacio lunar ateigado de silencios... Porque a miña memoria se enche cos mundos encerrados nos libros que había na pequena biblioteca de meu pai, aqueles libros que, coas mans aterecidas, eu lía con paixón nas noites de inverno da miña infancia, abrigado pola colcha de trapos que fixera miña nai.
    A min gustábame moito contemplar aquela colcha, imaxinar que a súa superficie era como un inmenso territorio, un gran continente con múltiples países, tan diversos e atraentes coma os debuxos e as cores das teas que a formaban. E por eses países soñados, polas súas selvas e cidades, polos seus montes, ríos ou desertos, facía eu vivir as personaxes que nacían da miña imaxinación, alimentada decote polas palabras gardadas naqueles libros inesquecibles.
    Estas lembranzas veñen á miña memoria mentres contemplo o globo terráqueo que a miña filla ten no seu cuarto, iluminado por un sol interior que o fai brillar na penumbra. E penso entón que o mundo é coma a colcha da miña cama de neno: un mosaico de cores, un inmenso puzzle de países e culturas, onde todas as pezas, grandes ou pequenas, son imprescindibles.
    Coma na colcha que gardo na miña memoria, coma no globo terráqueo que acompaña os soños da miña filla, tamén a diversidade está presente en todas as manifestacións da vida humana. Un mosaico de etnias, de costumes, de linguas, de xeitos de entender o mundo. Unha pluralidade que é a nosa maior riqueza.
    Quizais por iso, cando penso na variedade de linguas, nas diferentes verbas que as persoas utilizamos para nomear o mundo, volve a min o abraio dos meus anos de infancia, aquela certeza de que a través das páxinas dos libros podía coñecer o mundo enteiro. Agora sei que alí están as raíces deste pulo que me leva a crear historias e vidas no papel, empregando as palabras como únicos materiais.
    As palabras, ese milagre cotiá que nos fai humanos. Con elas aprendemos os nomes das cousas, expresamos todo o que sentimos, dámoslle vida á nosa imaxinación sen límites. E coas palabras podemos, ademais, vencer o tempo e o espacio, dialogar con persoas doutras épocas ou que están lonxe de nós. Velaí a marabilla dos libros, que nos permiten coñecer o que pensan e soñan as persoas que falan en tantas linguas diferentes.
    Algunhas noites de verán gústame tombarme na herba e contemplar o ceo que nos cobre. Sei que as estrelas que vexo escintilar no firmamento son as mesmas que viron nos tempos antigos, as mesmas que tamén fascinarán ás persoas do novo milenio que nos agarda. Un ceo amigo, que me leva a pensar nesoutro ceo de palabras e de libros que tamén comparte toda a humanidade. E sinto entón que a diversidade é o fío profundo que nos une a todas as persoas que vivimos neste vello planeta. Un planeta que é a nosa gran casa común, acubillada baixo esoutra colcha inmensa que polas noites se enche de estrelas e nos acolle a todos. 

Agustín Fernández Paz




                                              
Grazas por todo Agustín. Sit tibi terra levis.

lunes, 27 de junio de 2016

Ata logo


Calor

No vulturno acorado da sega
a ría debulla
mazorcas de sol.

O vento mareiro silenzoso chega
a durmir a sesta
no céspede mol.
Luis Amado Carballo, Proel
Hoxe despedímonos por unha tempadiña cunha lembranza moi especial para o alumnado de 4º de ESO que deixa o noso centro. Por iso, eliximos unha foto dos poemarios que elaboraron ao estilo vangardista.

Verano
Frutales
cargados.
Dorados
trigales...

Cristales
ahumados.
Quemados
jarales...

Umbría
sequía,
solano...

Paleta
completa:
verano.
Manuel Machado, Horas de oro. Devocionario poético

Feliz verán!

miércoles, 22 de junio de 2016

Preparándonos para a noite de San Xoán

Xa están aquí as cacharelas e nós querémosvos deixar un poema, do libro Os soños na gaiola de Manuel María, dedicado a esta celebración e titulado "Lume novo", que é coma se adoitaba chamar esta noite tan especial na Terra Chá.

O lume novo

Hoxe é o lume novo,
noite de San Xoán.
¡As ledas fogueiras
acesas están...!

¡Que gusto, rapaces,
saltar as fogueiras,
dar brincos, rebrincos,
e pinchacarneiras!

¡Que gusto, rapaces,
correr e saltar,
dar brincos e pulos,
volver a brincar!

¡Que gusto, que ben
saltar as fogueiras
coas chamas subindo,
medrando lixeiras!

Á mañá, o borrallo
terase apagado...
¡E sobre el despacio,
pasará o gando...!

Pasará o gando
tripando o borrallo
pra que non o pille
o mal do meigallo!


Fogueira da noite de San Xoán na praia de Skagen de P. S. Krøyer

Se che interesa saber máis sobre o pintor Peder Severin Krøyer:
 

martes, 21 de junio de 2016

Poemas birollos para ler cos ollos

Érase unha vez neste libro
un poema moi raro,
que non quería rimar.
Fran Alonso, Poemas birollos para ler cos ollos 
Atopamos en Rede Lectura nova da publicación do libro Poemas birollos para ler cos ollos de Fran Alonso. Poesía visual, oralidade e a ligazón a un videoxogo... Semella unha proposta moi atraente!


lunes, 20 de junio de 2016

A volta ao mundo coa literatura V: de novo Benedetti

Hoxe continuamos esta serie de entradas, que esperamos sexa longa, cun poema de Mario Benedetti.

Compañera,
usted sabe
que puede contar conmigo,
no hasta dos ni hasta diez
sino contar conmigo.

Si algunas veces
advierte
que la miro a los ojos,
y una veta de amor
reconoce en los míos,
no alerte sus fusiles
ni piense que deliro;
a pesar de la veta,
o tal vez porque existe,
usted puede contar
conmigo.

Si otras veces
me encuentra
huraño sin motivo,
no piense que es flojera
igual puede contar conmigo.

Pero hagamos un trato:
yo quisiera contar con usted,
es tan lindo
saber que usted existe,
uno se siente vivo;
y cuando digo esto
quiero decir contar
aunque sea hasta dos,
aunque sea hasta cinco.

No ya para que acuda
presurosa en mi auxilio,
sino para saber
a ciencia cierta
que usted sabe que puede
contar conmigo.

Mario Benedetti

viernes, 17 de junio de 2016

A volta ao mundo coa literatura IV: Bos Aires de Julio Cortázar

Julio Cortázar non naceu en Bos Aires. E, non deixa de ser curioso que un dos escritores que, seguramente, moitas persoas asocian con esta cidade teña nacido en realidade en Bruselas, concretamente o 26 de agosto de 2014. 


Cortázar, o gran mestre do relato breve, o innovador narrador que combina maxistralmente realidade e fantasía, Cortázar o surrealista, Cortazar o rigoroso tradutor de Memorias de Adriano da francesa Marguerite Yourcenar ao castelán...Cortázar, o que nos descubriu os cronopios, os famas e as esperanzas... Cortázar...

 Tema para un tapiz
El general tiene sólo ochenta hombres, y el enemigo cinco mil. En su tienda, el general blasfema y llora. Entonces escribe una proclama inspirada, que palomas mensajeras derraman sobre un campamento enemigo. Doscientos infantes se pasan al general. Sigue una escaramuza que el general gana fácilmente, y dos regimientos se pasan a su bando. Tres días después, el enemigo tiene sólo ochenta hombres y el general cinco mil. Entonces el general escribe otra proclama, y setenta y nueve hombres se pasan a su bando. Sólo queda un enemigo, rodeado por el ejército del general que espera en silencio. Transcurre la noche y el enemigo no se ha pasado a su bando. El general blasfema y llora en su tienda. Al alba, el enemigo desenvaina lentamente la espada y avanza hacia la tienda del general. Entra y lo mira. El ejército del general se desbanda. Sale el sol.
CORTÁZAR, Julio, Historia de cronopios y famas, Barcelona, Edhasa

Créditos da fotografía aquí.