Descubre al traductor é unha campaña do Observatorio de la Lectura y el Libro para celebrar o Día Internacional da Tradución (30 de setembro).
Para saber máis:
viernes, 29 de septiembre de 2017
jueves, 28 de septiembre de 2017
Chamando á terra
Coñecemos a través do blogue Rede Lectura o comezo das emisións dun novo programa dedicado aos libros na Radio Galega: Chamando á terra.
Por certo, o programa está presentado pola xornalista e escritora María Solar.
Por certo, o programa está presentado pola xornalista e escritora María Solar.
miércoles, 27 de septiembre de 2017
Aprender a pensar coa biblioteca escolar
"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria edita a comezos deste curso con destino
ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos.
Deixámosvos o cartel que, este curso, foi elaborado polo ilustrador Xosé Tomás.
martes, 26 de septiembre de 2017
Onde o mundo se chama biblioteca
Un curso máis volvemos a "abrir" este blogue para contarvos as novidades e outros eventos deste lugar onde o mundo se chama biblioteca.
![]() |
| Fairy tales de Mary Gow |
Benvidos e benvidas!
Agardámosvos onde o mundo se chama biblioteca!
viernes, 30 de junio de 2017
Feliz verán
E toca despedirnos e desexarvos un feliz verán cheo de bos momentos e moitas lecturas. Este ano eliximos un cadro do pintor danés Carl Frederik Aagaard e un poema de Avilés de Taramancos.
![]() |
| Amalfi de Carl Frederik Aagaard |
Se solto a voz no mar, volve-se ceive,
medra no vento, e vén
desde unha hora antiga, ainda diáfana,
traendo a miña voz doutras idades.
O ámbito é permanente:
Fica ese eco do cantar da ria
e o renxer do velámio da goleta.
Estou a ollar do fenestral que sempre
se me abre nos ollos cando amo,
vexo xente pasar, a miña xente:
O mariñeiro co liñó na man,
meu pai no paquebote
—ese castelo que por sempre cruza
polo meu corazón como unha auséncia—.
Está presente o mar e estou presente,
algo non limitado nos aferra:
No mar doutro confin teño bicado
a mesma onda que me bica agora
e manseliñamente
escáncio a dor que me feriu daquela.
Conversamos.
E brinco de rapaz pola ribeira.
medra no vento, e vén
desde unha hora antiga, ainda diáfana,
traendo a miña voz doutras idades.
O ámbito é permanente:
Fica ese eco do cantar da ria
e o renxer do velámio da goleta.
Estou a ollar do fenestral que sempre
se me abre nos ollos cando amo,
vexo xente pasar, a miña xente:
O mariñeiro co liñó na man,
meu pai no paquebote
—ese castelo que por sempre cruza
polo meu corazón como unha auséncia—.
Está presente o mar e estou presente,
algo non limitado nos aferra:
No mar doutro confin teño bicado
a mesma onda que me bica agora
e manseliñamente
escáncio a dor que me feriu daquela.
Conversamos.
E brinco de rapaz pola ribeira.
Avilés de Taramancos, As torres no ar
jueves, 29 de junio de 2017
Roteiro Valle-Inclán
E agora que xa estamos no verán queremos continuar lembrando a Valle-Inclán cun roteiro virtual que nos levará por algúns dos lugares da Ría de Arousa nos que ambientou parte da súa obra.
miércoles, 28 de junio de 2017
Charla-coloquio con Francisco Castro: dedicatoria do libro a Paula
O outro día puidestes ler a crónica da charla-coloquio de Francisco Castro escrita por Nerea, pois ben, hoxe queremos deixarvos unha foto moi especial que chegou a nós grazas a Paula, a quen está dedicado este exemplar de Tes ata as dez... Unha novela na que, por certo, tamén aparecen Verne e Vigo.
Mil grazas a Paula e Nerea por compartir con nós esta xornada tan especial!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





