Centro

viernes, 15 de febrero de 2019

Fotografías Premio Investigación e Ciencia

Lembrade que podedes ver as fotografías participantes no VIII Concurso Investigación e Ciencia na entrada do edificio de secundaria.

Moitas grazas por participar e parabéns á gañadora!

miércoles, 13 de febrero de 2019

Día Mundial da Radio

Hoxe é o Día Mundial da Radio e dende Ponte... nas ondas! convídannos tamén a celebralo.


O noso centro participa nesta xornada tan especial con dous podcasts gravados polo alumnado de 3º e 4º de EP e un programa en directo realizado por alumnado de secundaria. Atoparás máis información sobre estas actividades na nosa web.

martes, 12 de febrero de 2019

Entrega de premios na biblio

Xa podes atopar na nosa web os nomes das gañadoras do Certame Literario 25 de novembro. A entrega de premios será mañá no recreo na sala de ESO da biblioteca.

Parabéns ás gañadoras e ao resto dos participantes!

lunes, 11 de febrero de 2019

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

 Velemos por que cada niña, en cualquier parte del mundo, tenga la oportunidad de alcanzar sus sueños, crecer con arreglo a su potencial y contribuir a un futuro sostenible para todos". 
Secretario General ONU, António Guterres

Hoxe é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia tal e coma nos lembran no espazo web da asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.

viernes, 8 de febrero de 2019

Día da Paz VII: unha cantarola de Neira Vilas

Cantarolas de Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas é outro dos clásicos da literatura infantil galega. O libro, publicado en 1975, foi reeditado por Kalandraka nunha fermosa edición ilustrada por Leandro Lamas. Deixámosvos hoxe as dúas primeiras estrofas da "Cantarola dos nenos".


Cantarola dos nenos

Amiguiños todos,
amiguiños xa,
os nenos de aquí,
e os nenos de alá.

Os nenos do mundo
todos a cantar
a unha mesma voz
collidos das mans.

Por certo, podedes escoitar algunhas das versións musicais das "cantarolas" na web da Fundación Xosé Neira Vilas.

jueves, 7 de febrero de 2019

Día da Paz VI: Gloria Fuertes


Por suposto non nos podiamos esquecer de  Gloria Fuertes de cuxo falecemento se cumpriron 20 anos en 2018.

Gloria Fuertes for PIFAL

SÓLO 3 LETRAS
Sólo tres letras, tres letras nada más.
sólo tres letras que para siempre aprenderás.
Sólo tres letras para escribir PAZ.
La P, la A y la Z, sólo tres letras.
Sólo tres letras, tres letras nada más,

para cantar paz, para hacer paz.
La P de pueblo, la A de amar
y la Z de zafiro o de zagal.
De zafiro por un mundo azul,
de zagal por un niño como tú.

No hacer falta ser sabio,
ni tener bayonetas,
si tú te aprendes bien ,
solo estas tres letras,
úsalas de mayor y habrá PAZ en la tierra.

Gloria Fuertes