O equipo de biblioteca de EI e EP vén de preparar un boletín coas novidades adquiridas para esta data: Lecturas en Violeta. Novidades ben interesantes que, coma sempre, podedes atopar alí onde o mundo se chama biblioteca.
martes, 22 de noviembre de 2022
lunes, 21 de noviembre de 2022
Suxestións para un novembro de ciencia
Vimos de elaborar unha pequena guía de suxestións de ciencia para unirnos á celebración de Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas.
miércoles, 9 de noviembre de 2022
Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas
"A ciencia está chea de momentos épicos coma este. Coñecelos e transmitilos é un deber no que todos, non soamente os que somos científicos, debemos participar."
José Tubio
Un curso máis chegou "Novembro, mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas". Este ano o encargado de elaborar o manifesto é José Tubío.
jueves, 27 de octubre de 2022
Outono de medo
O pasado día 24 de outubro conmemorouse o Día das Bibliotecas e mañá será o día no que celebremos o Samaín no noso centro, polo que pensamos que non sería unha mala idea elaborar unha guía de suxestións de lecturas de medo.
viernes, 14 de octubre de 2022
Os nenos da varíola
O pasado 5 de outubro o alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu á representación da adaptación teatral da novela Os nenos da varíola de María Solar na Casa da Cultura.
martes, 4 de octubre de 2022
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2022/202: Escribir a biblioteca escolar.
lunes, 26 de septiembre de 2022
E- LBE.2 Lectura dixital para as bibliotecas escolares
Moitos e moitas xa sabedes que desde o curso pasado podemos acceder á plataforma de lectura dixital para as bibliotecas escolares: E- LBE.2. Pois ben, vimos de atopar no blogue O Recuncho de Tambo da biblioteca e o EDLG do CEIP do Carballal de Marín un vídeo moi didáctico sobre como acceder a estas lecturas dixitais.









