Halloween, Samaín ou Todos os Santos, as 
celebracións arredor do primeiro de novembro veñen de antigo e chegan 
ata nós máis ou menos transformadas. Na súa versión máis profana ou xa 
cristianizadas, todas teñen unha orixe común nas culturas indoeuropeas, 
que festexaban arredor desta data a fin do verán e, con iso, o comezo 
dun novo ciclo agrícola e tamén dun novo ano, que nacía coa estación 
escura. Neses días de transición, os espíritos dos mortos andarían entre
 os vivos, mellor ou peor recibidos. E desa crenza precisamente derivan 
moitos dos ritos que se manteñen aínda hoxe.
 Para saber máis:
 

 
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.